Saturday 11 de May de 2024

Novo convenio de colaboración entre a Mancomunidade e Cruz Vermella Ordes


O CIM do ente supramunicipal desenvolverá labores dentro do programa ‘Tecedoras’ dirixido a mulleres relacionadas coa prostitución

Os presidentes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e de Cruz Vermella Ordes, Roberto Rey Martínez e Manuel Viqueira Verea respectivamente, asinaron un convenio de colaboración para desenvolver ao longo de toda a comarca o programa ‘Tecedoras’ ao longo dun ano.

A través desta iniciativa brindarase apoio ás mulleres que exerceran ou continúen exercendo a prostitución. O tipo de axuda pasa tanto pola subministración de alimentos, servizos e atención sanitaria ou ben a tramitación de documentación nas distintas administracións. Un labor que será executado polo persoal do CIM e de Cruz Vermella Ordes.

‘Tecedoras’ está financiado pola Obra social La Caixa.